Blogue de aula da materia de Intelixencia Artificial para a Sociedade de 4º de ESO no IES. Chano Piñeiro. Forcarei
martes, 29 de outubro de 2024
UX1A Recoñece emocións. Curso 2024-2025.
sábado, 26 de outubro de 2024
Adestrando a UX1A. Curso 2024-2025
Nesta simulación, podrás adestrar a UX1A con tres conxuntos diferentes de datos e debes analizar os resultados obtidos con cada un deles.
Esta actividade permitiránnos comprender tanto o proceso de adestramento e aprendizaxe dunha máquina (recoñecemento de trazos nunha mostra) como a importancia da calidade dos datos empregados no seu adestramento.
martes, 15 de outubro de 2024
Bloques básicos. Parte II. Aprendizaxe. Curso 2024-2025.
Imos a coñecer agora o 3º bloque básico dun sistema de Intelixencia Artificial: O aprendizaxe.
- Xogo en liña Wordle2 (versión en Galego).
- xogo de mesa en liña Mastermind.
domingo, 22 de setembro de 2024
Bloques básicos. Parte I. Percepción e Representación... Curso 2024-2025.
Continuamos a utilizar os contidos de DIXIT, agora para coñecer os Bloques básicos dun sistema de IA.
Un sistema de Intelixencia Artificial consta de 5 bloques básicos:
- Percepción.
- Representación e razoamento
- Aprendizaxe
- Interacción natural
- Impacto social
- Os sensores, recursos Dixit.
- Os algoritmos e os diagramas de fluxo, recursos Dixit.
- As árbores de decisión. Chatbot, recursos Dixit.
- Preme na ligazón para probar Akinator, o xenio da web.
- Akinator e o algoritmo de Dijkstraa, dous exemplos de programación top-down.
luns, 16 de setembro de 2024
As entrevistas de UX1A (Respóndelle a UX1A). Curso 2024-2025.
Podes tamén acceder as 3 entrevistas individuais (nunha versión extendida), nas seguintes ligazóns:
Para rematar, de seguido tedes un vídeo da canle de Youtube TeHasPreguntado, titulado: Que es la Inteligencia Artificial.
Liña de tempo da IA. Curso 2024-2025.
Desde esta entrada podedes acceder ao Repositorio de Contidos Educativos da Xunta de Galicia, en concreto á Liña do tempo da IA.
xoves, 12 de setembro de 2024
Introdución á IA. Curso 2024-2025.
(Contidos obtidos na plataforma DIXIT)
Hoxe en día, a Intelixencia Artificial (IA) xoga un papel importante na vida de moitas persoas e, aínda que a miúdo pasa inadvertida, está a xerar profundas consecuencias na sociedade e no ser humano. A IA está cambiando o xeito no que interactuamos, como nos entendemos, como coidamos a nosa saúde, como educamos…. En definitiva:
A Intelixencia Artificial está cambiando o mundo.Os vehículos autónomos, os robots de servizo e de asistencia (cociña, limpeza, cortacéspede, acompañamento…) ou os edificios automatizados (domótica), entre outros, formarán parte da nosa vida cotiá, creando unha rede global de dispositivos interconectados.
- A IA é un campo da informática centrado en dotar ás computadoras da capacidade para resolver problemas de xeito semellante a como o farían os seres humanos.
- A IA proporciona un sistema artificial, de base computacional (non biolóxica), con capacidade para resolver problemas de forma autónoma, sen intervención humana. O sistema de IA será capaz de aprender da súa experiencia, adaptarse a novas situacións e razoar sobre o mellor xeito de resolver un problema.
- Unha tecnoloxía asistida por IA, tamén chamada Axente intelixente, é capaz de realizar tarefas tales como empregar sensores para percibir o mundo que nos rodea, analizar e organizar os datos que recibe e utilizar eses datos de forma autónoma para facer prognósticos ou tomar decisións.
martes, 10 de setembro de 2024
ENQUISA INICIAL SOBRE A MATERIA. Curso 2024-2025.
Responde aportando a túa sincera opinión ás seguintes preguntas:
1) Da unha definición breve (varias liñas) do que é para ti a Intelixencia Artificial.
2) Onde cres que podemos atopar a IA actualmente (concreta varios usos ou dispositivos que a usen)?
3) Cales cres que poden ser os seus maiores beneficios e os seus riscos (intenta dar, a lo menos, 1 de cada)?
4) Ata onde crees que chegan as aplicacións de IA no presente e ata onde crees que chegarán no futuro?
5) Cres que te pode ser importante aprender sobre IA, por que (se breve, varias liñas)?
Presentación da materia: Intelixencia Artificial para a Sociedade. Curso 2024-2025.
De seguido se indican os contidos principais da materia durante este curso.
TEMPORALIZACIÓN:
- 1ª Avaliación: Introdución á IA.
- 2ª Avaliación: Primeiros pasos na IA.
- 3ª Avaliación: Profundización na IA.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
1ª, 2ª e 3ª Avaliacións:
- Un 20% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos.
- Un 70% da nota deberase á avaliación dos traballos obrigatorios, individuais e en grupo.
- Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
Benvid@s á materia de Intelixencia Artificial para a Sociedade. Curso 2024-2025.
Benvid@s ao curso da materia de Intelixencia Artificial para a Sociedade de 4º de ESO no IES. Chano Piñeiro.
Neste blogue de aula podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que traballaremos durante o curso, así como a exercicios e entradas de cursos anteriores.
Estes e outros contidos estarán tamén accesibles no curso da aula virtual do IES. Chano Piñeiro, no que teredes que entregar algúns dos exercicios propostos polo profesor.











