xoves, 19 de outubro de 2023

Adestrando a UX1A. Curso 2023-2024


Desde esta entrada do blogue imos a acceder ao contido interactivo de DIXIT, Deep Learning UX1A aprende (Versión en Galego), que simula o adestramento dunha máquina con Deep Learning (Aprendizaxe Profunda) para que identifique a emoción de alegría.

Nesta simulación, podrás adestrar a UX1A con tres conxuntos diferentes de datos e debes analizar os resultados obtidos con cada un deles.

Esta actividade permitiránnos comprender tanto o proceso de adestramento e aprendizaxe dunha máquina (recoñecemento de trazos nunha mostra) como a importancia da calidade dos datos empregados no seu adestramento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario