mércores, 6 de setembro de 2023

Introdución á IA. Curso 2023-2024.

(Contidos obtidos na plataforma DIXIT)

Hoxe en día, a Intelixencia Artificial (IA) xoga un papel importante na vida de moitas persoas e, aínda que a miúdo pasa inadvertida, está a xerar profundas consecuencias na sociedade e no ser humano. A IA está cambiando o xeito no que interactuamos, como nos entendemos, como coidamos a nosa saúde, como educamos…. En definitiva:

A Intelixencia Artificial está cambiando o mundo.

Os vehículos autónomos, os robots de servizo e de asistencia (cociña, limpeza, cortacéspede, acompañamento…) ou os edificios automatizados (domótica), entre outros, formarán parte da nosa vida cotiá, creando unha rede global de dispositivos interconectados.

Que é a Intelixencia Artificial?

Aínda que non existe unha definición pechada do que é a Intelixencia Artificial (IA), o alumnado debe coñecer o concepto e ser capaz de explicar a importancia que ten na sociedade actual.

Algunhas ideas clave para definir a IA son:
  • A IA é un campo da informática centrado en dotar ás computadoras da capacidade para resolver problemas de xeito semellante a como o farían os seres humanos.
  • A IA proporciona un sistema artificial, de base computacional (non biolóxica), con capacidade para resolver problemas de forma autónoma, sen intervención humana. O sistema de IA será capaz de aprender da súa experiencia, adaptarse a novas situacións e razoar sobre o mellor xeito de resolver un problema.
  • Unha tecnoloxía asistida por IA, tamén chamada Axente intelixente, é capaz de realizar tarefas tales como empregar sensores para percibir o mundo que nos rodea, analizar e organizar os datos que recibe e utilizar eses datos de forma autónoma para facer prognósticos ou tomar decisións.
A nosa representación dun axente intelixente será UX1A:



Ningún comentario:

Publicar un comentario