martes, 29 de outubro de 2024

UX1A Recoñece emocións. Curso 2024-2025.


Desde esta entrada do blogue imos a acceder ao contido interactivo de DIXIT, Deep Learning. UX1A recoñece emocións, no que poderás interactuar cunha IA real adestrada con Deep Learning para que recoñeza as cinco emocións: alegría, sorpresa, tristura, enfado e medo.

O Axente intelixente conta cun conxunto de tarxetas precargadas (emoticonas, pictogramas e ilustracións de UX1A) que se mostran de forma aleatoria. Ademais, permite a experimentación libre realizando tantas probas como se desexe.

Se o teu ordenador conta con unha cámara web, tamén poderás probar se detecta as túas emocións.

De seguido podes acceder ao contido complementario ao anteior (tamén un contido interactivo de DIXIT): Retos_UX1A recoñece emocións, no que atoparás tres retos diferentes que te axudarán a reflexionar e obter conclusións sobre as túas interaccións co axente intelixente UX1A.

Ningún comentario:

Publicar un comentario