Desde esta entrada podedes acceder ao Repositorio de Contidos Educativos da Xunta de Galicia, en concreto á Liña do tempo da IA.
Este recurso interactivo serviranos para coñecer os eventos máis relevantes da historia da Intelixencia Artificial (IA).
Nel realízase un breve percorrido, desde o ano 1950 ata a actualidade, incluíndo fitas como a consolidación da IA como campo de investigación, o desenvolvemento dos primeiros chatbots, a aparición da domótica ou os éxitos da IA nas competicións con seres humanos.
Accede á ligazón indicada máis arriba (tamén podes premer na imaxe) e navega polo recurso. Unha vez remates o profesor te indicará o exercicio a realizar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario