mércores, 6 de setembro de 2023

Benvid@s á materia de Intelixencia Artificial. Curso 2023-2024.


Benvid@s ao curso no blogue de aula da materia de Intelixencia Artificial para a Sociedade de 4º de ESO no IES. Chano Piñeiro.

Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que traballaremos durante o curso.

Estes e outros contidos estarán tamén accesibles nos respectivos cursos da aula virtual en Google Classroom, na que ademais teredes que entregar os exercicios propostos polo profesor.

De novo un saúdo a todos.

O profesor: Manuel Andújar Matalobos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario