Amosando publicacións coa etiqueta Aprendizaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aprendizaxe. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de outubro de 2024

UX1A Recoñece emocións. Curso 2024-2025.


Desde esta entrada do blogue imos a acceder ao contido interactivo de DIXIT, Deep Learning. UX1A recoñece emocións, no que poderás interactuar cunha IA real adestrada con Deep Learning para que recoñeza as cinco emocións: alegría, sorpresa, tristura, enfado e medo.

O Axente intelixente conta cun conxunto de tarxetas precargadas (emoticonas, pictogramas e ilustracións de UX1A) que se mostran de forma aleatoria. Ademais, permite a experimentación libre realizando tantas probas como se desexe.

Se o teu ordenador conta con unha cámara web, tamén poderás probar se detecta as túas emocións.

De seguido podes acceder ao contido complementario ao anteior (tamén un contido interactivo de DIXIT): Retos_UX1A recoñece emocións, no que atoparás tres retos diferentes que te axudarán a reflexionar e obter conclusións sobre as túas interaccións co axente intelixente UX1A.

sábado, 26 de outubro de 2024

Adestrando a UX1A. Curso 2024-2025


Desde esta entrada do blogue imos a acceder ao contido interactivo de DIXIT, Deep Learning UX1A aprende, que simula o adestramento dunha máquina con Deep Learning (Aprendizaxe Profunda) para que identifique a emoción de alegría.

Nesta simulación, podrás adestrar a UX1A con tres conxuntos diferentes de datos e debes analizar os resultados obtidos con cada un deles.

Esta actividade permitiránnos comprender tanto o proceso de adestramento e aprendizaxe dunha máquina (recoñecemento de trazos nunha mostra) como a importancia da calidade dos datos empregados no seu adestramento.

martes, 15 de outubro de 2024

Bloques básicos. Parte II. Aprendizaxe. Curso 2024-2025.

 


Imos a coñecer agora o 3º bloque básico dun sistema de Intelixencia Artificial: O aprendizaxe.

    Para acceder a este contido, podes premer na ligazón ao seguinte documento en formato pdf:
    Ampliación:
    Documental AlphaGo (Subtitulado en Castelán)


    Pasado, Presente y Futuro de la IA - ¡Del Deep Learning 1.0 a Google Gemini!