Ao longo deste curso utilizaremos diversos tipos de ferramentas que usan IA, nesta entrada comezamos co análise e uso dos Chatbots, grandes modelos de linguaxe.
Utilizaremos diversos Chatbots para a realización dunha tarefa concreta, crear unha entrada no noso blogue onde realizaremos unha análise de diversos Chatbots gratuítos e accesibles na Web, realizando unha comparativa entre eles e indicando cales foron os puntos fortes e débiles de cada un deles.
Se premes na seguinte ligazón podes acceder ao contido: Introdución aos Chatbots.pdf.
De seguido tedes un texto sobre os LLM e PNL, para traballar sobre el na clase: LLM e PNL.pdf
Lista de chatbots que utilizaremos nesta unidade:
- ChatGPT (OpenAI): Modelo de linguaxe avanzado que ofrece interaccións conversacionais de alta calidade, ideal para a creación de contido e asistencia en tarefas complexas.
- Gemini (Google): É un asistente virtual, integrado no ecosistema de Google, que combina potencia de busca e capacidades de diálogo, permitindo interaccións naturais e informativas.
- Perplexity AI: A súa capacidade de buscar información actualizada a partir de diversas fontes o converte na opción ideal para investigacións rápidas, con indicacións de datos de contexto (fontes, etc).
- Copilot (Microsoft): Asistente baseado en IA que se integra en aplicacións de Microsoft.
- Claude (Anthropic): Claude é un chatbot deseñado para ser intuitivo e seguro, priorizando a ética e a responsabilidade nas súas interaccións.
- YouChat (You.com): YouChat está integrado na plataforma de busca You.com, útil para aqueles que unha busca interactiva e personalizada.
De seguido tedes un vídeo da canle Dot.csv que explica que son os LLM:
¿Qué es un LLM? Enormes Modelos del Lenguaje | Large Language Models
Por último, tedes aquí a ligazón a outro vídeo da canle Dot.csv na que explica o estado actual (principios de 2024) dos LLM como ChatGPT:
Lo que OpenAI NO quería que supieras sobre GPT4 - (De los MoEs a Mixtral)
Ningún comentario:
Publicar un comentario