mércores, 28 de febreiro de 2024

Práctica 1: A nosa primeira rede neuronal. Curso 2023-2024.

Nesta 1ª práctica de programación con Python, realizaremos a nosa sinxela primeira rede neuronal.

Para a realización desta práctica e das seguintes, necesitaredes acceder a Google Colab cunha conta de Google.


Unha vez creado o caderno en Colab, poderemos volver a acceder a el desde o noso Drive.

Podes seguir esta práctica paso a paso se descargas o seguinte pdf: Práctica rede neuronal.

Nesta práctica e seguintes seguiremos os videotitoriais da estupenda canle de Ringa Tech, en concreto da lista de reprodución: Inteligencia Artificial desde cero con Python y Tensorflow.

De seguido tes unha ligazón ao 1º vídeo da lista: Tu primera red neuronal en Python y Tensorflow.

Neste vídeo se indican os pasos para crear unha primeira rede neuronal sinxela (perceptrón) que resolva o problema de coñecer os graos Fahrenheit correspondentes a uns graos celsius, para posteriormente indicar como solucionalo cunha rede neuronal con maior número de capas e neuronas.

Finalmente veremos como este problema se pode solucionar dun xeito máis sinxelo e directo utilizando a ferramenta de regresión lineal da bliblioteca sklearn.

Ningún comentario:

Publicar un comentario