mércores, 3 de abril de 2024

Práctica 2: O noso primeiro clasificador de imaxes. Curso 2023-2024.

Estrutura da rede neuronal que utilizaremos nesta práctica.

Nesta 2ª práctica de programación con Python, realizaremos o noso primeiro clasificador de imaxes cunha rede neuronal normal (máis adiante utilizaremos unha rede neuronal convolucional, máis adaptada a este tipo de problemas).

Para a realización desta práctica volveremos a acceder a Google Colab cunha conta de Google.

Podes seguir esta práctica paso a paso se descargas o seguinte pdf: Clasificador de imaxes.

Nesta práctica volvermos a seguir os videotitoriais da estupenda canle de Ringa Tech, en concreto da lista de reprodución: Inteligencia Artificial desde cero con Python y Tensorflow.

De seguido tes unha ligazón ao 2º vídeo da lista de reprodución: Tu primer clasificador de imágenes con Python y Tensorflow.

Neste vídeo se indican os pasos para crear unha rede neuronal que nos permitirá clasificar imaxes, aínda que finalmente veremos que esta opción da resultados limitados e en futuras prácticas utilizaremos redes neuronais convolucionais, máis adaptadas a este tipo de problemas.

Como datos para adestramento e test do noso modelo, utilizaremos un conxunto de imaxes (70.000 de 28x28 píxeles en escala de grises) creado pola tenda de roupa Zalando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario