martes, 21 de maio de 2024

FLIKI. Edición de Vídeo asistido por IA. Curso 2023-2024.


Continuaremos a análise de aplicativos que usan IA, cun caso concreto, a ferramenta Fliki.

Que é Fliki?:

Fliki.ai é unha plataforma en liña que che permite converter texto en vídeos ou locucións utilizando voces xeradas por intelixencia artificial (está dispoñible en máis de 75 idiomas).

Funcionalidades de Fliki.ai:

  • Conversión de texto a vídeo: Podes escribir o teu guion ou subir un documento, e Fliki.ai transformarao nun vídeo con voz en off.
  • Voces xeradas por IA: Fliki utiliza a IA para crear voces.
  • Versión gratuíta: A versión gratuíta de Fliki ofrece 5 créditos ao mes, onde cada crédito cobre 60 segundos de procesamento de audio.

Para coñecer o funcionamento de Fliki, visualizaremos o vídeo: TUTORIAL COMPLETO de FLIKI 2024 [Actualizado] de Samuel Te Recomienda.

Ampliación de información:

De seguido se mostra unha escolma dos traballos realizados polos alumnos (realización dun breve vídeo utilizando Fliki):
Realizado por Joël Sánchez.
Realizado por Amparo Darriba.
Realizado por Mariña Varela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario