Para rematar este curso, imos a analizar as consecuencias, positivas e negativas, que a IA ten e terá na sociedade, especificamente aquelas vinculadas a oportunidades e sostibilidade, aspectos legais, e preocupacións éticas.
Antes de nada podemos realizarnos as seguintes preguntas, como unha axuda para iniciar as nosas reflexións e debates na aula:
A intelixencia artificial podería...
- ... ter nesgos de sexo, raza ou relixión?
- ... destruír postos de traballo?
- ... favorecer aos países enriquecidos?
- ... influír nas nosas preferencias o gustos?
- ... aumentar a pegada de carbono?
- ... decidir quen debe ser salvado ou salvada?
- ... desafiar a nosa privacidade?
Comezaremos coa visualización deste breve vídeo que forma parte do curso "Inteligencia Artificial y Educación" de Programamos.
Podes premer na seguinte ligazón para acceder ao documento en formato pdf que contén esta unidade: Impacto da IA na Sociedade.pdf.
Recursos:
Vídeo sobre os nesgos.
Páxina sobre Privacidade. "OpenAI, Google y Meta están violando la privacidad de los usuarios y los derechos de autor para entrenar a sus IA".
Vídeo sobre Privacidade.
Video sobre IA e desemprego.
Vídeo sobre IA e dilemas éticos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario